Kaotiko é un grupo de punk rock orixinario do País Vasco.
Historia O grupo formouse a finais da década de 1990 en Agurain. Tres dos seus integrantes (Aguayo, Fonta e Aguayiko) procedían do grupo Kaos Etiliko. En setembro de 2001 sacan o seu primeiro disco, Mundo kaotiko. En abril de 2003 publican o seu segundo traballo Raska y pierde. Con estes dous discos de estudio, o 17 de abril de 2004 deciden gravar un DVD en directo na sala Azkena de Vitoria, publicado o 14 de marzo de 2005.
Cun novo selo discográfico, Universal, sae á luz Destino escrito. Neste disco colaboran "El Drogas" (Barricada) nas cancións "Abuso" e "Correré". La Miki, cantante da banda No Relax, segunda voz en "Recuerdo". O álbum grávase nos estudios Katarain, de Azkarate, entre decembro de 2005 e xaneiro de 2006.
O 21 de febreiro de 2008 Kaotiko edita o seu quinto traballo, Adrenalina, coa discográfica Oihuka. Este disco conta coa colaboración Evaristo (La Polla, Gatillazo) e de Banda Bassotti, coa que gravan o tema "Luna rossa".
No 2010 lanzan o disco Reacciona, coa discográfica Baga-Biga.
Discografía Mundo kaotiko (2001, Oihuka) Raska y pierde (2003, Oihuka) Directo (2005, GOR Discos, CD/DVD) Destino escrito (2006, Universal Music) Adrenalina (2008, Oihuka) Reacciona!!! (2010, Baga-Biga)
Véxase tamén Ligazóns externas MySpace Oficial
Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais de punk rock