Xosé María Fernández Freixanes, nado en Pontevedra en 1953 e finado en Madrid o 26 de novembro de 2025, foi un pintor galego. É irmán do empresario e escritor Víctor F. Freixanes.

Traxectoria Cursou a carreira de Belas Artes primeiro na Facultade de Belas Artes de Bilbao e despois na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid. Foi bolseiro da Deputación provincial de Pontevedra. Foi docente da Facultade de Belas Artes de Granada. Formou parte da comisión de plástica do Consello da Cultura Galega que promoveu a creación Centro Galego de Arte Contemporánea.

Vinculouse ao Grupo Atlántica, con cuxas mostras en Baiona, Compostela e Madrid se deu a coñecer como un dos máis inquietos exemplos da vangarda plástica de Galiza. Desde 1985 formou parte da Galería Juana Mordó, o que consolidou a súa carreira nacional e internacional.

Viaxou por Europa, África e a India que o impactou profundamente. Ilustrou no Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Expuxo en París, Viena e outras cidades. Ten obra no Centro Galego de Arte Contemporánea, Afundación, Museo Reina Sofía, Museo de Arte Contemporáneo de Madrid, Círculo de Belas Artes de Madrid, Museo de Arte Contemporáneo do País Vasco, MNCARS, Chase Manhattan Bank, Banco de España, Unión da Banca Suiza, Caja Madrid.

Ilustrou portadas de libros, como Nínive de Chus Pato (1996). Notas

Véxase tamén

Bibliografía (1984): Expresión Atlántica. Santiago de Compostela, Follas Novas. (1992): Freixanes. Pontevedra, Deputación de Pontevedra. (1990): Identidade e convulsión. Sada, Ediciós do Castro.

Ligazóns externas

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2025