miniatura|Urbano Rattazzi.

Urbano Rattazzi, nado en Alessandria o 29 de xuño de 1808 e finado en Frosinone o 5 de xuño de 1873, foi un estadista italiano. Membro do Partido Liberal, ocupou diversos cargos na primeira andaina da Italia unida.

Traxectoria Foi presidente da Cámara, Ministro do Interior en dúas ocasións, Ministro de Asuntos Exteriores, Ministro de Xustiza e Primeiro Ministro tamén en dúas ocasións.

Opúxose á cesión a Francia de Niza e o departamento de Savoia. Enfrontouse ao poder da Igrexa Católica o que lle ocasionou problemas coas forzas clericais. Defendeu a unidade de Italia fronte aos Estados Pontificios. Chegou a entendementos políticos con Cavour e reprimiu a Garibaldi, o que provocou unha corrente popular contraria á súa persoa.

Categoría:Políticos de Italia Categoría:Nados na provincia de Alessandria Categoría:Nados en 1808 Categoría:Finados en 1873