A Casa das Atochas foi un centro social okupado do barrio coruñés de Monte Alto.

Historia

Naceu en marzo de 2008 coa ocupación dun inmoble de baixo e catro andares no número 14 da rúa Atocha Alta. Funcionou de maneira asemblearia e autoxestionada, e serviu de espazo aberto de acollida de actividades e asociacións culturais e políticas. En decembro de 2010 unha sentenza xudicial determinou o desaloxo do centro. O edificio foi desaloxado en abril de 2011 e demolido en 2014. O seu voceiro era a publicación Lume!.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas www.casadasatochas.info

Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Socioloxía