Fernando Rodríguez Méndez, coñecido tamén como Fernando Méndez, nado en Celanova en 1964, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Traballou nos ámbitos da comunicación xudicial, sanitaria e empresarial. Ten un mestrado en Drogodependencias e SIDA, e está especializado en comunicación de organizacións, xestión e estratexias da comunicación. Como xornalista exerceu nos periódicos Faro de Vigo e La Región amais de na Televisión de Galicia."El periodista Fernando Méndez gana el Premio Vicente Risco con su novela 'Deus xogando aos dados'" Faro de Vigo, 28/11/2010 . Colaborou así mesmo con outros medios de comunicación como El Observador, Cambio 16, Interviú, Radio Minuto, a revista Tiempo e RNE.

Foi xefe de prensa da Consellaría de Agricultura da Xunta de Galicia, director de Comunicación de Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia), asesor de Comunicación na Deputación de Ourense. e director da Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

Obra en galego Ensaio Historia dun crime. O caso do Metílico (1998, Galaxia).Versa sobre o caso do metílico, un gromo de intoxicación alimentaria acaecida en Galicia e nas illas Canarias en 1963.

Narrativa Deus xogando aos dados, (2011, Sotelo Blanco).

Obras colectivas Voz e voto. Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro (1991). Contos do Sacaúntos. Romasanta, o criminal (2016, Urco).

Obra en castelán Ensaio Metílico, 50 años envenenados (2013, Sotelo Blanco). ISBN 978-84-782-4629-8. Mil muertos de un trago: el caso de bebidas envenenadas con alcohol metílico (1998, Península). ISBN 978-84-830-7096-3.

Narrativa Cuatro esquinitas tiene mi cama (2014, Suma de letras). ISBN 978-84-8365-628-0. Nunca guardes las cosas rotas (2014, Aldevara). ISBN 978-84-15-36388-0. Los tiburones no comen pan (2023, Bunker Books). ISBN 978-84-19-57920-1. La vida mientras luchamos (2024, RBA). ISBN 978-84-90-56936-8.

Obras colectivas La noche y los guerreros de fuego. Obra colectiva. Premio Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011).

Galardóns e recoñecementos Premio Nacional Raíña Sofía de Xornalismo sobre Drogas (1992 e 1993). Premio Xunta de Galicia de Xornalismo en Drogodependencias (1990, 1991 e 1995). Premio Nacional de Xornalismo Julio Camba de reportaxes (1991). Finalista do Premio de investigación xornalística "Rodolfo Walsh" (1999). Segundo premio Hebe Plumier de relatos (2010). Premio Vicente Risco de Creación Literaria (2010) coa súa primeira novela Deus xogando aos dados."Fernando Rodríguez Méndez obtiene el premio Risco de narrativa con «Deus xogando aos dados»", La Voz de Galicia, 21/11/2010 . Premio Literario Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011). Finalista do IV Premio de Novela Qué Leer - Volkswagen (2011). Finalista do XX Premio Edebé de Literatura Xuvenil (2012). Finalista do Premio da Asociación Galega de Editores á mellor novela, pola súa obra “Deus xogando aos dados” (2012). Finalista do XXXII Premio Felipe Trigo de Novela (2012). Premio internacional de xornalismo de investigación Ana María Agüero Melnyczuk pola súa obra "El Caso Metílico" (Arxentina, 2013). VI Premio de Novela "Ciudad de Almería" (2014) pola súa obra Nunca guardes las cosas rotas. Premio “Ramón Puga”, Radio Ourense Cadena Ser, á mellor novela pola obra Cuatro esquinitas tiene mi cama (2014).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Blog do autor Blog do Caso Metílico Fernando Méndez: «Llego a una casa donde se cree en la cultura con letras mayúsculas»

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Celanova Categoría:Nados en 1964