Paulino Pedret Casado, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1899 e finado na mesma vila o 26 de maio de 1969, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria miniatura|300px|SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Parga Pondal, Ferreiro Panadeiro, Fernández Osorio, Fernández Cochón, Vicente Risco, González García-Paz, Antón Taboada Roca, Paulino Pedret, Xesús Carro, Antón Fraguas, Xohán Ledo, Isla Couto, Ferreirós Espinosa, López Cuevillas e Ramos Colemán Fillo de Emilio Pedret Tost e Sofía Casado Reinosa, foi irmán de Tomás Pedret Casado. Ingresou en 1909 no Instituto de Santiago para facer o Bacharelato, estudando ao mesmo tempo no Seminario. En 1922 foi ordenado presbítero en Tui. Antes de ordenarse sacerdote rematou os estudos de Dereito, obtendo a licenciatura en 1921, e o doutoramento en 1923. Tamén conseguiu a licenciatura en Ciencias Históricas en 1929.

En 1923 consegue unha praza de capelán castrense. En 1928 regresou a Compostela e foi nomeado profesor axudante da Facultade de Dereito.

Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.

Obras La Evolución de la enseñanza del derecho canónico en España, 1946. José Andrés Cornide y la Galicia del s XVIII, 1948. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores do latín