Robert John Downey, Jr., nado o 4 de abril de 1965 en Nova York, é un actor, produtor, guionista e cantautor estadounidense gañador de dous Globos de Ouro e un BAFTA. Con 26 anos no mundo do espectáculo, filmou máis de 80 películas. Foi nomeado dúas veces aos Oscar: a primeira vez no 1993 polo seu papel en Chaplin e a segunda no 2009 por Tropic Thunder.

Vida persoal O actor tivo unha longa relación de sete anos con Sarah Jessica Parker, á quen coñeceu en 1984, pero a relación terminou por mor de problemas coas drogas de Downey. Máis tarde casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio durou doce anos (1992-2004) e foi con Deborah Falconer, con quen tivo un fillo, Indio Downey. Mentres filmaba Gothika, en 2003, coñeceu a muller que se converteu na súa segunda esposa, a produtora executiva Susan Levin, con quen casou o 27 de agosto de 2005. Ela é vicepresidenta executiva de produción Joel Silver, en Silver Pictures e directora de desenvolvemento da Dark Castle Entertainment, unha división de Silver Pictures. A parella tivo o seu primeiro fillo, Exton Elias Downey, o 7 de febreiro de 2012. O 4 de novembro de 2014, Downey converteuse en pai por terceira vez, cando a súa muller deu a luz á súa filla Avri Roel Downey.

Traxectoria Downey principiou a súa carreira no cinema en 1970, á idade de cinco anos, cando apareceu no filme de seu pai, Pound, e desde aquela non deixou de traballar no cinema e na televisión. Durante a década de 1980 traballou en filmes para adolescentes e mozos asociados cos Brat Pack. Less Than Zero (1987) foi o primeiro no que a súa actuación foi recoñecida pola crítica, e logo comezou a interpretar papeis protagonistas en filmes de máis presuposto como Air America (1990), Soapdish (1991) ou Asasinos natos (1994), polo seu papel de Charlie Chaplin en Chaplin (1992) foi nomeado para o Oscar ao mellor actor.

Entre 1996 e 2001, Downey foi frecuentemente arrestado por consumo e posesión de drogas e estivo en varios programas para o tratamento da súa dependencia. Despois de saír de prisión en 2000, Downey uniuse ao elenco da serie Ally McBeal, interpretando ao novo amor da protagonista, e gañou un Globo de Ouro pero o seu personaxe retirouse da serie logo de dous arrestos por drogas a finais de 2000 e comezos de 2001. Downey pasou unha vez máis por un programa de desintoxicación que resultou exitoso e volveu á súa carreira profesional, aparecendo en filmes semiindependentes como O detective cantante (2003), Kiss Kiss Bang Bang (2005), e A Scanner Darkly (2006), e papeis secundarios en filmes dos grandes estudios como Gothika (2003) e Zodiac (2007). En 2004, Downey lanzou o seu primeiro álbum, The Futurist.

En 2007, Downey foi elixido para facer o personaxe de Iron Man na adaptación cinematográfica que tivo a súa estrea en 2008, recadando case 100 millóns de dólares nos Estados Unidos e o Canadá na primeira semana; nese ano tamén estreou Charlie Bartlett e Tropic Thunder, recibindo o seu segundo nomeamento por este filme, na categoría de actor secundario. En 2009 interpretou a Sherlock Holmes na adaptación cinematográfica de Guy Ritchie, polo que gañou un Globo de Ouro.. En 2010 protagonizou Iron Man 2.

Filmografía AnoTítuloPersonaxeNotas1970PoundPuppy1972Greaser's PalaceNon sae nos créditos1975Moment to MomentNon sae nos créditos1980Up the AcademyCaleb Yoon1983Baby It's YouStewart1984FirstbornLee1985DeadwaitTuff TurfJimmy ParkerWeird ScienceIan1986Back to SchoolDerek LutzAmericaPaulie Hackley1987The Pick-up ArtistJack JerichoLess Than ZeroJulian Wells1988Johnny Be GoodLeo WigginsRented LipsWolf Dangler1969Ralph CarrIndio1989That's AdequateAlbert EinsteinTrue BelieverRoger BaronChances AreAlex Finch1990Air AmericaBilly Covington1991Too Much SunReed RichmondSoapdishDavid Seton Barnes1992ChaplinCharles ChaplinBAFTA ao mellor actor Nomeamento − Oscar ao mellor actor

Nomeamento − Globos de Ouro ao mellor actor dramático1993Luck, Trust & Ketchup: Robert Altman in Carver CountryDocumentalHeart and SoulsThomas ReillyThe Last PartyRobert Downey Jr.Vides encreuadesBill BushGlobos de Ouro especial ao mellor elenco Copa Volpi ao mellor elenco1994Hail CaesarJerryA Century of CinemaDocumentalNatural Born KillersWayne GaleOnly YouPeter Wright1995Richard IIIEarl RiversHome for the HolidaysTommy LarsonRestorationRobert MerivelMr. Willowby's Christmas TreeMr. WillowbyTelefilm1997Danger ZoneJim ScottOne Night StandCharlieTwo Girls and a GuyBlake AllenHugo PoolFranz Mazur1998The Gingerbread ManClyde PellU.S. MarshalsAxente especial John Royce1999In DreamsVivian ThompsonAmigos e amantesHansBowfingerJerry RenfroBlack and WhiteTerry Donager2000Wonder BoysTerry CrabtreeAuto MotivesRob2000-2002Ally McBealLarry PaulSerie de televisión; 15 episodios Globos de Ouro ao mellor actor secundario en serie, miniserie ou telefilm (2001)

Nomeamento − Primetime Emmy ao mellor actor secundario en serie cómica (2001)2002LethargyTerapeuta animal2003Whatever We DoBobbyO detective cantanteDan DarkCharlie: The Life and Art of Charles ChaplinRobert Downey Jr.DocumentalGothikaPete Graham2004ErosNick Penrose2005Game 6Steven SchwimmerThe OutsiderDocumentalKiss Kiss Bang BangHarry LockhartGood Night, and Good LuckJoseph WershbaHubert Selby Jr: It/ll Be Better TomorrowDocumentalFamily GuyPatrick PewterschmidtSerie de televisión; 1 episodio2006The Shaggy DogDr. KozakA Scanner DarklyJames BarrisA Guide to Recognizing Your SaintsDito MontielFur: An Imaginary Portrait of Diane ArbusLionel Sweeney2007ZodiacPaul AveryLucky YouTelephone JackCameo2008Charlie BartlettPrincipal Nathan GardnerIron ManTony Stark/Iron ManThe Incredible HulkTony StarkCameoTropic ThunderKirk LazarusNomeamento − Oscar ao mellor actor secundario Nomeamento − Globos de Ouro ao mellor actor secundario

Nomeamento − BAFTA ao mellor actor secundario2009The SoloistSteve LopezSherlock HolmesSherlock HolmesGlobos de Ouro ao mellor actor de comedia ou musical 2010Iron Man 2Tony Stark / Iron ManLove & DistrustRobSaídos de contasPeter Highman2011Sherlock Holmes: Xogo de sombrasSherlock HolmesThe ConsultantTony Stark / Iron ManCurtametraxe2012The AvengersTony Stark / Iron Man2013Iron Man 3Tony Stark / Iron Man2014ChefMarvinO xuízHenry "Hank" Palmer2015Avengers: Age of UltronTony Stark / Iron Man2016Captain América: Civil WarTony Stark / Iron ManThe Nice GuysSid ShattuckCameo2017Spider-man: HomecomingTony Stark / Iron Man2018Avengers: Infinity WarTony Stark / Iron Man2019Avengers: EndgameTony Stark / Iron Man

Premios e nomeamentos Premios Óscar: AnoCategoríaFilmeResultado1992Mellor actorChaplinNomeado2008Mellor actor secundarioTropic ThunderNomeado Premios BAFTA: AnoCategoríaFilmeResultado1992Mellor actorChaplinGañador2009Mellor actor secundarioTropic ThunderNomeado Premios do Sindicato de Actores: AnoCategoríaFilmeResultado2005Mellor actor secundarioGood Night, and Good LuckNomeado2009Mellor actor secundarioTropic ThunderNomeado Premio Satellite: AnoCategoríaFilmeResultado2005Mellor actor - comedia ou musicalKiss Kiss, Bang BangNomeado2008Mellor actor secundarioTropic ThunderNomeado Premios Emmy: AnoCategoríaFilmeResultado2001Mellor actor secundario - serie de comediaAlly McBealNomeado Premios People's Choice: AnoCategoríaFilmeResultado2013Actor de cine favoritoThe AvengersGañadorEstrela de película de acción favoritaThe AvengersNomeadoSuperheroe favorito de películaThe Avengers /Iron ManGanador2014Actor de acción favoritoIron Man 3Gañador2017Actor de acción favoritoCaptain America: Civil WarGañador Teen Choice Awards: AnoCategoríaFilmeResultado2012Actor de Ciencia Ficción/FantasíaThe AvengersNomeadoEstrela de Película do Verán: HomeThe AvengersNomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1965 Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia suíza Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeohúngara Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudeolituana