Os viaxeiros da luz é unha serie documental realizada por IBISAtv para a Televisión de Galicia que se emitiu no ano 1991.
Desenvolvemento A serie consta de 13 capítulos e narra o percorrido de catro cabaleiros, Anxo Cabada, Xosé Carlos López Corral, Xosé Fortes e Valentín Carrera, en viaxe por Galicia, comezando desde O Bierzo e inspirándose nas narracións de viaxeiros como George Borrow, Ambrosio de Morales ou Richard Ford e nos escritos de escritores galegos como Frei Martín Sarmiento, Emilia Pardo Bazán, Ramón Otero Pedrayo ou Vicente Risco.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da CRTVG
Categoría:Documentais da TVG