Todos Tus Muertos (abreviado como TTM) é un grupo de música de Buenos Aires. Foi formada a mediados da década de 1980 e publicaron seis discos até a súa disolución en 2000. En 2004, tres dos integrantes orixinais retomaron o proxecto cunha xira de reunión, publicando un álbum en directo. Mesturan rock, punk e reggae, con letras influenciadas polo movemento rastafari e a crítica social.
Historia O grupo formouse arredor de 1985, con Félix Gutiérrez no baixo, Horacio Villafañe («Gamexane») na guitarra (anteriormente integrantes de Los Laxantes), Cristian Ruiz na batería e Fidel Nadal como cantante. En 1986 editaron o sinxelo «Noches agitadas de cementerio», cun son máis punk ca posteriormente.
En 1988 editaron o seu primeiro disco, Todos Tus Muertos, que lles permitiu comezar a tocar noutros países grazas a temas como "Gente que no". En 1992 tocaron con Mano Negra na súa xira pola Arxentina, tralo cal Fidel e Félix participaron na gravación de Casa Babylon. Despois Manu Chao colaborou na gravación do seu terceiro disco, Dale aborigen, no cal tamén participou Fermin Muguruza de Negu Gorriak e músicos de Los Fabulosos Cadillacs e Los Auténticos Decadentes.
Trala entrada no grupo de Pablo Molina nas percusións e os coros, saíron de xira por Latinoamérica e Europa, editando o disco en directo Argentina te asesina. Dous anos despois gravaron e editaron co selo TTM Discos un álbum de versións e remisturas, Subversiones.
En 1998 lanzaron novo material de estudio, El camino real, con videoclips como «Dignidad» (novamente con Fermin Muguruza) e «No te la vas a acabar». Pero ese mesmo ano separáronse. Nadal afondou na cultura rastafari e editou algúns álbums reggae coa participación de Molina, Gamexane volveu ao punk coa banda Responsables No Inscriptos, e Pablo Potenzoni participou noutros proxectos musicais en España.
En 2010 a banda reuniuse con Pablo Molina como cantante, gravando un novo disco titulado Crisis Mundial.
Membros Formación actual Pablo Molina (voz) Félix Gutiérrez (baixo e coros) Horacio «Gamexane» Villafañe (guitarra e coros) Christian Fabrizio (batería) Germán Álvarez (teclado e coros)
Formación anterior (1994-2000) Fidel Nadal (voz) Pablo «Dronkit Master» Molina (voz, teclados e percusións) Félix Gutiérrez (baixo e coros) Horacio «Gamexane» Villafañe (guitarra e coros) Pablo Potenzoni (batería)
Discografía Todos Tus Muertos (1988) Nena de Hiroshima (1991) Dale aborigen (1994) Argentina te asesina (1995) Subversiones (1996) El camino real (1998) Re-unión en vivo (2006) Crisis Mundial (2010)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web . www.todostusmuertos.com.ar .
Categoría:Grupos musicais formados en 1985 Categoría:Grupos musicais da Arxentina