miniatura|dereita|Sucursais das dúas caixas antes da fusión.

Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición foi Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Estrutura O seu director xeral foi José Luis Pego, que procedía do organigrama de Caixanova, mentres que o director xeral executivo era Xavier García de Paredes, que procedía da estrutura de Caixa Galicia. O responsable da obra social era Guillermo Brea. Os copresidentes, que tiñan un cargo de honra non executivo, eran Mauro Varela Pérez (Caixa Galicia) e Xulio Fernández Gayoso (Caixanova).

Historia Dada a crise financeira que afectaba as dúas principais caixas de aforros galegas como consecuencia da súa excesiva exposiciónLas entidades financieras gallegas poseen el 13% de la deuda de Fadesa , Faro de Vigo, 6/12/2008. á burbulla inmobiliaria que detonou en 2008, Caixa Galicia e Caixanova víronse abocadas a un proceso de fusión. A aquela altura chegaban as dúas entidades, Caixa Galicia e Caixanova con 46.000 e 32.000 millóns de euros en activosRanking Cajas de ahorro por activo , Cajas y bancos, datos de 2009 a partir de CECA.. As outras alternativas baralladas no momento pasaban pola compra por outras entidades bancarias españolasA fusión das caixas, unha saída necesaria?, Vieiros, 1/3/2010.Caixanova, candidata a unirse a Caja Navarra, Hispanidad, 5/3/2010.Caixa Galicia, absorber o ser absorbida: Caixanova o Cajamadrid , Banqueando, 27/7/2009., que finalmente non se produciu.

Para afrontar ese proceso de fusión, as dúas caixas solicitaron do FROB un empréstito de 1.162 millóns de eurosA fusión de Caixa Galicia e Caixanova apañará 1.162 millóns do FROB, Vieiros, 14/6/2008.. Tan só uns meses despois, o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, por boca da súa ministra de Economía a ourensá Elena Salgado, elevou a porcentaxe de capital en depósito que tiñan que ter as entidades bancarias e, en concreto, as caixas de aforro, para a súa continuidade como operadores financeirosEl Gobierno nacionalizará temporalmente las cajas si no logran elevar su capital mínimo, 20 minutos, 24/1/2011.. A recente fusión aumentaba as dificultades para conseguir esa porcentaxe e os directores da entidade optaron por un proceso de bancarización, é dicir, de transformación da caixa de aforros nun banco tradicional. Para convertérense en bancos, as caixas tiñan que reestruturar os seus órganos directivos, mudar os seus órganos de goberno para atraer o capital privado, e presentar un plan de viabilidade que contemplase a entrada de investidores privados. Este proceso foi seguido tamén por outras entidades en España naquela época.

A porcentaxe de capital en depósito esixida polo goberno de España fixouse nun 8% —que tiña que acadarse en setembro de 2011 para evitar a nacionalización—, e Nova Caixa Galicia tiña en xaneiro de 2011 un 6%Ratios Core Tier de las entidades financieras a enero 2011 , Cajas y bancos, 25/1/2011.. A entidade resultante do proceso de bancarización recibiu o nome de NCG Banco e a súa data de creación anunciada para agosto de 2011.

Participacións industriais Participación Porcentaxe Sociedade Porcentaxe Banco Gallego 49,840% Novacaixagalicia CLH 5,00% Novacaixagalicia Pescanova 4,609% Novacaixagalicia Elecnor 6,894% Novacaixagalicia Banco Pastor 5,356% Novacaixagalicia Adolfo Domínguez 5,050% Novacaixagalicia NH Hoteles 2,714% Hoteles Participados 5,428% General de Alquiler de Maquinaria 5,052% Novacaixagalicia Itinere 23,40% Novacaixagalicia Tecnocom 20,052% CXG Corporación Novacaixagalicia 20,052% Quabit 4,084% CXG Corporación Novacaixagalicia 4,084%Sacyr Vallehermoso7,07% Novacaixagalicia 4,646% CXG Corporación Novacaixagalicia 2,361% Banco Etcheverría 44,730% CXG Corporación Novacaixagalicia 44,730% Monbús 33,4% Novacaixagalicia Grupo Copo 21,1% Novacaixagalicia Eólica Galenova 100% Novacaixagalicia Sogevinus 100% Novacaixagalicia Naviera Elcano 12% Novacaixagalicia

De CXG Corporación Nova Caixa Galicia pertence o 94,432% a Novacaixagalicia e un 5,568% a Hierros Añón.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Abanca