Pippi Mediaslongas (en ) é un personaxe de ficción literaria creado pola escritora sueca Astrid Lindgren. Está dotada dunha gran forza e deixa ver o amor da autora polos animais. Posúe un cabalo a lunares e mais un mono chamado Señor Nilsson. É orfa de nai e o pai é pirata e rei dos habitantes dunha illa dos mares do sur.

Pippi Mediaslongas foi traducida ao galego por David A. Álvarez Martínez e editada por Kalandraka en 2017.

Libros Pippi Mediaslongas (1945, publicado en galego en 2017) Pippi Mediaslongas embarca (1946, publicado en galego en 2018) Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur (1948, publicado en galego en 2019)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Astrid Lindgren Libros en Kalandraka

Categoría:Personaxes da televisión Categoría:Personaxes da literatura