José María Castellano Ríos, nado na Coruña en 1947 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2025, foi un empresario galego.
Traxectoria Estudou e licenciouse en Económicas e Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar no departamento tecnolóxico da aseguradora Aegon, dende onde pasou á filial española da alimentaria Conagra como director financeiro e logo como director xeral. En 1984 incorporouse a Inditex, a empresa onde forxaría a maior parte da súa carreira empresarial, e na que permaneceu 21 anos.
Catedrático de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade da Coruña, no grupo téxtil galego chegou a ocupar (1997) os postos de vicepresidente e conselleiro delegado do grupo téxtil Inditex. Como conselleiro delegado deixoulle o paso en 2003 a Pablo Isla, e en 2005 dimitiu de todos os seus cargosJosé María Castellano dimite de la vicepresidencia de Inditex, El País, 24/9/2005. en desacordo coa intención, logo fracasada, do fundador de Inditex Amancio Ortega de mercar Unión Fenosa.
Con posterioridade a Inditex foi nomeado membro do consello de administración de diversas empresas, entre elas Fadesa, Ono, Puig, Adolfo Domínguez, Rothschild (banco de investimento do que foi vicepresidente para España), Kiluva (Naturhouse), Indukern. Einsa, La Voz de Galicia ou Tous. En novembro de 2008 nomeárono presidente de ONO, en substitución de Eugenio Galdón.
Pero en 2011 a súa carreira vira de novo ao prometer achegar capital para a reestruturación económica de Nova Caixa Galicia en banco, a cambio de facerse coa dirección executiva da entidade resultante o NCG BancoGonzález Macías, Fernando (12/6/2011) "Un mirlo blanco llamado José María Castellano", La Opinión A Coruña .. Nese momento cesa como vicepresidente de La Voz de Galicia"Lois Blanco, nuevo Director General de la Corporación Voz de Galicia", La Voz de Galicia, 9/6/2011., pero non a presidencia de Ono. En xuño anunciouse que a partir de agosto sería o presidente executivo da nova entidade.El consejo de NCG aprueba la designación de Castellano como presidente , Xornal de Galicia, 16/6/2011.
Recoñecementos Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 2004.
Vida persoal Casou coa tamén empresaria María Teresa Vázquez Abad e tivo dous nenos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Inditex Categoría:Nados na Coruña Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados en 2025 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid