miniatura|dereita|Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A liberdade de culto ou liberdade relixiosa é un dereito fundamental que se refire á opción de cada ser humano de elixir libremente a súa relixión, de non elixir ningunha ou de non crer ou validar a existencia dun certo Deus e poder exercer dita crenza publicamente, sen ser vítima de opresión nin discriminación.
Historia e características Este concepto vai alén da simple tolerancia relixiosa que permite, como unha concesión, o exercicio de relixións distintas á oficial, en situacións de confesionalidade do Estado propias do Antigo Réxime. Nas democracias modernas, xeralmente o Estado garante a liberdade relixiosa a todos os seus cidadáns, pero na práctica a elección do credo vén dada por costumes familiares e sociais, asociándose frecuentemente certas sociedades a certas relixións. Ademais, as situacións de discriminación relixiosa ou intolerancia relixiosa seguen a ser moi frecuentes en distintas partes do mundo, rexistrándose casos de intolerancia, preferencia dunha relixión sobre doutras e persecución a certos credos.
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no citado artigo 18, indica:
Véxase tamén Ligazóns externas Human Rights Watch
Categoría:Dereitos humanos