Francisco António de Almeida nado en 1702 e finado en ca. 1755 foi un compositor e organista portugués.

Traxectoria Debido ás súas orixes nobres, recibiu de D. João V unha bolsa para estudar en Italia.

Entre 1722 e 1726 estudou en Roma, onde publicou dúas oratorias, Il pentimento di David e La Giuditta. No día 9 de xullo de 1724 participou nunha academia organizada por Pier Leone Ghezzi, que na ocasión lle deseñou unha caricatura, describíndoo na lenda como un «mozo mais excelente compositor de concertos e de música sacra, que canta con extremo gusto». Regresou a Portugal en 1726, onde se tornou organista da Capela Real e Patriarcal de Lisboa.

Foi profesor de piano da Infanta Maria Bárbara de Portugal. En 1728, realizou a primeira das súas serenatas, Il Trionfo della virtù en Lisboa no palacio do Cardeal João da Mota e Silva. A súa ópera cómica La pazienza di Socrate realizouna no palacio real en 1733. Foi a primeira ópera italiana en Portugal. Para as celebracións carnavalescas fixo estrear La Finta Pazza no palacio real de Ribeira en 1735.

Morreu probabelmente en Lisboa durante o terremoto de 1755.

Obras Il pentimento di Davidde (componimento sacro), 1722 La Giuditta (oratorio), 1726 (as primeiras actuacións modernas foron en 1990 e foi descrito como unha obra-prima) Il trionfo della virtù (composición poética), 1728 Il trionfo d'amore (pastoral), 1729 Gl'incanti d'Alcina (drama para música cantada), 1730 La Spinalba, ovvero Il vecchio matto (drama cómico), 1739 L’Ippolito (serenata), 1752

Bibliografía Manuel Carlos de Brito: Almeida, Francisco António de, Grove Music Online ed. L. Macy, http://www.grovemusic.com Manuel Carlos de Brito: Opera in Portugal in the Eighteenth Century (Cambridge, 1989)

Categoría:Nados en 1702 Categoría:Finados en 1755 Categoría:Compositores de Portugal