Jesús Ínsua Lago, máis coñecido como Suso Ínsua, nado en Cee en 1960 e finado na mesma vila o 18 de novembro de 2010, foi un futbolista galego, que xogaba como extremo dereito.

Traxectoria Comezou xogando ao fútbol no equipo da súa vila natal, o Cee, e sendo xuvenil chegou a realizar unha proba co Real Madrid. No verán de 1978 fichou polo Compostela, da Terceira división, logrando o ascenso a Segunda B na súa segunda campaña. Disputou 144 partidos oficiais co club compostelán, no que militou ata marzo de 1983, momento no que fichou polo Cartagena por algo máis de 3 millóns de pesetas. Disputou só catro partidos co club murciano ata final de tempada.

Para a 1983/84 asinou como novo xogador do Logroñés, que estaba adestrado polo galego Delfín Álvarez e no que coincidiu cos tamén galegos Noly, Rodolfo e Salvador. Disputou 28 encontros na súa única campaña no equipo rioxano, logrando o ascenso á Segunda División. Posteriormente militou no Avilés Industrial, no Arousa, no Arenteiro, no Noia (no que xogou xunto ao seu irmán Juanín), no Carnota e na UC Cee. Está considerado como o mellor futbolista da historia do Cee.

Vida persoal Logo de retirarse do deporte, traballou como electricista. Casado con Margarita Sampedro, tivo unha filla, e foi soterrado en Cee.Dolor en Cee por el fallecimiento de Suso Ínsua, ex jugador de la SD , El Correo Gallego, 20/11/2010.

Notas

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Cee Categoría:Futbolistas de Cee Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do Cartagena FC Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do CD Arenteiro