miniatura|250px|Pendello.

Os pendellos da feira de Agolada, situados na vila de Agolada, son construcións de pedra do século XVIII empregadas polos feirantes para resgardarse, gardar as cabalarías ou gando, comer e facer as vendas e as compras.

Os pendellos foron declarados conxunto histórico-artístico en 1985"Decreto polo que se declara conxunto histórico artístico os restos do antigo mercado popular de Agolada Pontevedra", no Diario Oficial de Galicia do 24 de maio de 1985., e en 1990 a Xunta de Galicia e o concello puxeron en marcha un proxecto para limpar e restaurar algúns deles.

A vila de Agolada era famosa pola súa tradicional feira do 12 de cada mes, e hoxe en día tamén pola feira de artesanía en xullo e a feira medieval en agosto.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Pendellos da feira de Agolada, na web do patrimonio cultural galego.

Categoría:Arquitectura popular Categoría:Agolada Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra