Jon Iñaki Aspiazu San Emeterio, nado en Bilbao o 5 de novembro de 1962, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Na tempada 1983–84 formou parte do Athletic Club que conseguiu a Liga e a Copa do Rei, pero non participou en ningún partido, xogando co Bilbao Athletic en Segunda División.

Na tempada 1984–85 fichou polo Hércules CF en Primeira División. No club alacantino tan só 6 encontros e foi traspasado, na tempada 1985–86 ao Sestao Sport, de Segunda División, onde estivo dúas campañas nas que foi titular.

Na tempada 1987–88 foi contratado polo Deportivo da Coruña, debutando na primeira xornada contra o FC Barcelona B en Riazor, con vitoria branquiazul (1–0). No club coruñés permaneceu cinco tempadas, sendo en todas titular de xeito regular agás a última, co equipo xa en Primeira División, véndose relegado á suplencia pola chegada de xogadores como Ilian Kiriakov ou Dragan Kanatlarovski.

Na tempada 1992–93 firmou novamente polo Sestao Sport, de Segunda División.

Palmarés Athletic Club Liga de España: 1983–84 Copa do Rei: 1983–84

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Sestao Sport Club Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña