Erik Gunnar Asplund, nado o 22 de setembro de 1885 e finado o 20 de outubro de 1940, foi un arquitecto sueco, coñecido por ser un dos maiores expoñentes do clasicismo nórdico.
Traxectoria Asplund formouse artisticamente na escola romántica sueca. As súas primeiras obras seguen esa orientación que pouco a pouco vai abandonando para crear unha versión moderna e moi persoal do neoclásico.
En 1930 constrúe os pavillóns da Exposición Internacional de Estocolmo, completamente modernos. Naquel ano a arquitectura moderna está representada principalmente polo racionalismo de Alemaña, Países Baixos e Francia. Asplund adopta as formas deste movemento, pero reinterprétao dunha forma persoal, máis libre e espontánea, na liña que pode considerarse de estilo orgánico.
Obras destacadas Biblioteca Pública de EstocolmoFicha da Biblioteca de Estocolmo en greatbuildings.com . (1918-1927), modelo para moitas bibliotecas posteriores. Ampliación da Casa do concello de Gotemburgo (1934-1937), obra de grande interese xa que resolve o problema estilístico de incorporar unha construción moderna a un edificio antigo. Cemiterio do Bosque, deseñado xunto a Sigurd Lewerentz, declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1994.
Imaxes dalgúns edificios do arquitecto
Notas
Categoría:Arquitectos de Suecia Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Nados en Estocolmo