Asenso é un lugar da parroquia de Chacín, no concello coruñés de Mazaricos, na comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2023 tiña 145 habitantes (68 homes e 77 mulleres).
Toponimia As atestacións escritas máis antigas atópanse no Tombo de Toxosoutos. Aparece citado dúas veces como Asenzo (1154, 1289) e unha como Azonço, dunha posíbel confusión entre os grafemas <e> e <o>, adoito na época, podéndose interpretar como *Azenço. Outra variante máis tardía é Asenço, rexistrada en 1337. Unha posíbel etimoloxía de Asenso é *Apsentĭo, cuxa raíz é indoeuropea *ăp- / *āp- 'auga, río'.
Lugares e parroquias Lugares de Chacín
Parroquias de Mazaricos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mazaricos
Categoría:Lugares de Mazaricos Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía