miniatura|Vista do porto de Pasaia. Pasaia é un concello vasco da provincia de Guipúscoa, situado na comarca de Oarsoaldea. A súa poboación é de 15.945 habitantes (2011).

Historia e características Está formado por catro barrios ou distritos situados ao redor da ría do río Oiartzun e porto do mesmo nome. Dous dos distritos de Pasaia (Trintxerpe e Pasai Antxo) forman un continuo urbano cos barrios orientais da cidade de Donostia, sendo na práctica unha prolongación da mesma. Como máis claro exemplo diso están rúas como Azkuene ou Eskalantegi, nas que unha beirarrúa pertence a Donostia e a outra a Pasaia.

O porto de Pasaia é o terceiro en importancia de Euskal Herria, por detrás dos de Bilbao e Baiona, sendo un motor importante da economía de Guipúscoa.

Demografía

Véxase tamén Ligazóns externas Pasaia en euskomedia.org