Pilar Rahola i Martínez, nada en Barcelona o 21 de outubro de 1958, é unha política e xornalista catalá de ideoloxía independentista catalá, e profundamente sionista, defendendo en numerosas ocasións o proxecto colonial israelí na Palestina ocupada, ata o punto de que en 2010 o Fondo Nacional Xudeu bautizou como Pilar Rahola un bosque artificial plantado sobre terras palestinas roubadas
Traxectoria
Provén dunha familia declaradamente republicana e antifascista, pero ela tivo outras derivas políticas e decidiu defender os xenocidios e as limpezas étnicas de Israel na Palestina ocupada. É licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Catalá pola Universidade de Barcelona. En 1996 abandonou Esquerra Republicana de Catalunya para fundar, xunto a Àngel Colom e Joan Laporta, o Partit per la Independència, que non obtivo representación parlamentaria. Tras o fracaso político do PI abandonou a política activa para volverse a centrar no xornalismo e a escritura. Véxase tamén
Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1958 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua castelá