Walter Bruch, nado o 12 de marzo de 1908 en Neustadt an der Weinstrasse e finado o 5 de maio de 1990 en Hannover, foi un enxeñeiro alemán. Traxectoria Bruch comezou a traballar en Telefunken en 1935 traballando no deseño dunha cámara iconoscópica, a Olympia-Kanone, que o propio Bruch operou durante os Xogos Olímpicos de Berlín de 1936. Na segunda guerra mundial operou un circuíto pechado de televisión para monitorizar os lanzamentos dos V-2 en Peenemünde, porén o traballo máis notable de Bruch é o desenvolvemento do sistema de codificación de televisión en cor PAL nos laboratorios de Telefunken a comezos da década de 1960. Foi tamén profesor na Universidade Técnica de Hannover e en 1975 recibiu o premio Werner-von-Siemens-Ring.
Categoría:Enxeñeiros de Alemaña Categoría:Nados en 1908 Categoría:Nados en Renania-Palatinado Categoría:Inventores de Alemaña