Carlos Ferrater i Lambarri, nado en Barcelona o 22 de novembro de 1944, é un arquitecto español. Dende 1971 traballa no seu estudio profesional en Barcelona. No ano 2006 forma a sociedade Office of Architecture in Barcelona S.L. (OAB) con Xavier Martí, Lucía Ferrater e Borja Ferrater.

Traxectoria Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona en 1971 e o doutoramento en 1987 coa tese Obra singular: proceso continuo. É membro da Real Academia de Belas Artes de Sant Jordi. Foi director da IV Bienal de Arquitectura Española.

Obras destacadas Vila Olímpica do Val de Hebrón. Hotel Rey Juan Carlos I. Xardín Botánico de Barcelona. Auditorio e Pazo de Congresos de Castellón.

Premios Premio Bonaplata Premio Ciudad de Barcelona Premio Década. Premio Ciudad de Madrid Premio Nacional de Arquitectura de España en 2009.

Véxase tamén Bibliografía 2G número 32; Carlos Ferrater. El Croquis número 70; Arquitectura española.

Ligazóns externas Páxina web oficial. Biografía e proxectos en soloarquitectura.com .

Categoría:Arquitectos de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1944 Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España