Francisco González Sarria, coñecido como Paco Sarria, nado na Ponte de Domingos Flórez, na provincia de León, en 1962, é un xornalista castelán residente en Galiza.

Traxectoria Comezou na emisora de radio Ondas Galicia, en Ourense. Máis tarde exerceu como xefe de informativos na COPE como delegado da TVG precisamente da provincia ourensá. Foi redactor e correspondente en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Cadena Rato, da Axencia EFE e mais do diario El País.

En 1991 puxo en marcha o proxecto radiofónico Radio Miño, vencellado inicialmente a Onda Cero, e máis tarde ao Grupo Voz. En 2010 exercía as funcións de redactor-xefe en Onda Cero-Ourense.

No ano 2016 foi nomeado decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, destacando no seu discurso de toma de posesión a referencia explícita á "paisaxe desoladora" que a crise deixou nos medios de comunicación.

Malia a súa orixe leonesa, Sarria fai uso da lingua galega en entrevistas en publicidade, tendo acadado premios ao respecto disto último.O ourensán Francisco González Sarria acada o premio á mellor publicidade feita en galego, La Región, 12 de decembro de 2009.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Grupo de fans do xornalista no Facebook

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados na Ponte de Domingos Flórez