Our Love to Admire é o terceiro álbum da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 10 de xullo do 2007 polo selo Capitol Records. Gravado en Electric Lady Studios e The Magic Shop Studios, é o seu primeiro disco editado por unha gran discográfica. O seu primeiro sinxelo, "The Heinrich Maneuver", apareceu o 7 de maio do 2007.
Our Love to Admire foi reeditado cun DVD no Reino Unido e México o 17 de novembro do 2007, cos vídeos de "The Heinrich Maneuver" e "No I in Threesome", así como a actuación ao vivo do Astoria.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Interpol Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums de Capitol Records Categoría:Álbums de Parlophone