miniatura|Fachada do MUSAC en León, obra de Mansilla + Tuñón. Mansilla + Tuñón Arquitectos é un estudio de arquitectura fundado en 1992 polo arquitectos Emilio Tuñón Álvarez (nado en 1959) e Luis Moreno Mansilla (nado en 1959).
Traxectoria Emilio Tuñón e Luis M. Mansilla son profesores titulares do departamento de proxectos arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Foron profesores en numerosas universidades, entre elas a Graduate School of Design de Harvard, a École Polytechnique Fédérale de Lausana, a San Pablo CEU arquitectura, a Nueva Escuela de Arquitectura de Porto Rico ou a Städelschule de Frankfurt.
En 1993, fundan xunto a Luis Rojo a cooperativa de pensamentos CIRCO, editando unha publicación do mesmo nome que foi galardoada co premio FAD en 2006, o premio da III Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Ingeniería 2002 e o premio COAM en 1995.
Obras destacadas
Museo de Arqueoloxía e Belas Artes de Zamora (1996). Centro Cultural da Comunidade de Madrid na antiga fábrica El Aguila (1995). Auditorio Ciudad de León (1996). Museo de Belas Artes de Castelló (1998). Centro de cultura contemporánea de Brescia (2000). Museo de los Sanfermines (2001). Museo de las Colecciones Reales en Madrid (2002). Museo de Cantabria (2002). Biblioteca na rúa Los artistas en Madrid (2003) Plan Director da área de Valbuena en Logroño (2003). Casa do concello de Lalín (2004). Centro de Arte Fundación Helga de Alvear en Cáceres (2005). Centro Internacional de Convencións de Madrid (2007). Museo de Automoción de Madrid (2008).
Premios
Premio Architecti 1996. Premio Fundación CEOE 1997. Premio Obra Excelente 2000. Premio COACV 2000. Premio FAD 2001. Premio COAM 2003. Premio de Arquitectura española 2003. Premio Enor 2005. Premio VIA 2006. Premio FAD 2006. Premio Mies van der Rohe 2007 concedido polo MUSAC.
Véxase tamén
Ligazóns externas Mansilla + Tuñón Arquitectos Playgrounds M+T Biografía e proxectos en soloarquitectura.com .
Categoría:Arquitectos de España do século XXI Categoría:Estudios e empresas de arquitectura