Show Your Bones é o segundo álbum da banda estadounidense de indie rock Yeah Yeah Yeahs. Foi lanzado o 27 de marzo do 2006 (un día despois en Norteamérica) e nomeado ao premio Grammy ao mellor álbum de música alternativa.
O álbum ten un ton máis moderado que as súas edicións anteriores. O produtor Squeak E. Clean engadiu capas sutís de teclados, sereas, campás e palmas, e en cinco dos once cortes predomina o son da guitarra acústica.
En decembro do 2006 foi nomeado segundo mellor álbum do ano pola revista NME, e "Cheated Hearts" foi votado como o décimo mellor tema. Rolling Stone elixiuno o 44 mellor álbum do 2006, mentres que Spin colocouno no posto 31 na súa lista dos 40 mellores álbums do ano.
Despois da súa edición, o álbum estreouse no posto 11 da lista Billboard 200, ao vender ao redor das 56.000 copias na súa primeira semana.
Listaxe de cancións "Gold Lion" - 3:07 "Way Out" - 2:51 "Fancy" - 4:24 "Phenomena" - 4:10 "Honeybear" - 2:25 "Cheated Hearts" - 3:58 "Dudley" - 3:41 "Mysteries" - 2:35 "The Sweets" - 3:55 "Warrior" - 3:42 "Turn Into" - 4:05
Categoría:Álbums de Yeah Yeah Yeahs Categoría:Álbums musicais de 2006 Categoría:Álbums de Interscope Records Categoría:Álbums de Polydor Records Categoría:Álbums producidos por David Andrew Sitek