Tom Barman, nado en Anveres o 1 de xaneiro de 1972, é un músico belga, guitarrista e vocalista da banda dEUS. É tamén director de cine e dirixe os videoclips da banda. Traxectoria Barman estudou na escola de cine de St.-Lucas (Bruxelas) pero nunca rematou os estudos debido á súa outra paixón, a música, e preferiu comezar unha carreira musical coa súa banda dEUS, formada a principios dos anos 90. Con todo non abandonou de todo a súa experiencia co cine xa que dirixiu os vídeos musicais da banda e realizou unha curtamentraxe en 1996, titulada Turnpike. Tamén dirixiu vídeos para outros músicos belgas como Axelle Red e Hooverphonic.

No verán do 2001 comezou a rodar en Anveres a súa primeira longametraxe, Any Way the Wind Blows, estreada nas salas belgas no verán do 2003. En febreiro do 2004 editou The Body Gave You Everything, o álbum de estrea de Magnus, o seu proxecto orientado ao dance co produtor CJ Bolland.

Categoría:Guitarristas de Bélxica Categoría:Cantantes de Bélxica Categoría:Directores de cinema de Bélxica Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Anveres Categoría:Artistas de Columbia Records