José Manuel Muñiz Tubío, nado en Boiro en 1929 ou 1930 e finado o 28 de xullo de 2011 en Santiago de Compostela, foi un músico e compositor galego.
Traxectoria Como intérprete, Muñiz tocaba o trombón de varas, o violín e a trompeta, mais a súa sona chegoulle da man da composición e da dirección de orquestras de música popular e lixeira.
En 1951, fíxose cargo do traballo de director da orquestra de música lixeira Compostela, que naquela altura xa levaba máis de tres décadas de existencia. Foi primeiro o seu director durante cincuenta anos, e despois tamén o seu propietario, ata o 2001, cando se retirou definitivamente. Durante eses anos, ademais do seu traballo á fronte da Orquesta Compostela compuxo pezas para Ana Kiro, Pili Pampín, Sabela (da que ademais foi descubridor) ou Miguel Torres. Entre os varios centos de cancións compostas por el, estivo Galicia, terra meiga (1973) ou o himno do club de fútbol SD Compostela, que chegou a xogar na primeira división española.
Ademais, Manuel Muñiz foi profesor da Banda Municipal de Santiago.
Honras Medalla de Galicia Medalla de ouro da Real Banda de Gaitas Fillo predilecto de Boiro.
Notas
Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes