Héctor Carré Menéndez, nado na Coruña en 1960, é un director de cine e escritor galego.

Traxectoria Abandonou os estudos de arquitectura e trasládase a Madrid en 1981, onde obtivo o título de director de fotografía no Taller de Artes Imaginarias. Traballou no mundo cinematográfico como axudante de dirección de Terry Gillian, Mario Camus e Pedro Olea. Fixo curtametraxes La suerte cambia e Angelitos, documentais e videoclips (Un ejemplar de primavera para o disco de Rosendo, A tientas y barrancas) e publicidade. En televisión coordinou a serie Nada es para siempre de Antena 3. En 2001 volveu residir na Coruña, onde traballa en publicidade e como guionista para a Televisión.

En 2007 publicou a novela Diario do impostor e en 2011 gañou o Premio Fundación Nova Caixa Galicia coa novela Febre.

Filmografía A sorte cambia, 1991. Coitadiños, 1992. Dame lume, 1993. Dame algo, 1997. Emigrantes en terra de emigrantes, 2001. A promesa, 2003. Libro de familia, 2004. O neno de barro (2007, coguionista). Personal Movie (2012).

Obras Narrativa Diario do impostor (2007, Xerais; narrativa)

Febre (2011, Xerais; narrativa xuvenil). Traducida ao inglés como Fever (2021). Hai que matalos a todos (2015, Xerais; narrativa). Medos (2021, Xerais; narrativa). 224 páxs. ISBN 978-84-9121-915-6. ePub: ISBN 978-84-9121-916-3.

Distincións

Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 por Febre.

Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil no 2011, por Febre. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en AVG

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1960 Categoría:Premio Jules Verne Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes