"Into the Groove(y)" é un sinxelo da banda Ciccone Youth, o proxecto paralelo dos membros de Sonic Youth e Mike Watt. Foi editado o 1 de novembro de 1986 polo selo Blast First Records. A canción apareceu dous anos despois no único álbum de estudio do grupo, The Whitey Album. Trátase dunha versión da canción de Madonna "Into the Groove". En abril de 1995 o tema foi incluído no recompilatorio de Sonic Youth Screaming Fields of Sonic Love.
Listaxe de cancións "Burnin' Up" - 4:11 "Tuff Titty Rap" - 0:37 "Into The Groovey" - 4:33
Notas
Categoría:Sinxelos de 1986