Daniel Wroughton Craig, nado o 2 de marzo de 1968 en Chester, é un actor e produtor británico.

Traxectoria A súa carreira comezou interpretando filmes como Elizabeth, The Power of One, A Kid in King Arthur's Court e dramas e series para a televisión como Sharpe's Eagle, Zorro e The Young Indiana Jones Chronicles: Daredevils of the Desert. Comezou a ser coñecido polos seus papeis en Layer Cake, Some Voices e Lara Croft: Tomb Raider.

James Bond Pero foi ao ser escollido como o sexto actor en interpretar o axente secreto ao servizo da Súa Maxestade James Bond na series de filmes de James Bond, a primeira que estreou en 2006 foi 007 Casino Royale, a súa interpretación que foi recoñecida pola crítica, valéndolle un nomeamento para os BAFTA.. En 2008 estreouse Quantum of Solace, o 22º filme na serie de James Bond.

Puñais polas costas Puñais polas costas é un filme estadounidense de 2019 protagonizado por Daniel Craig. En marzo de 2021, fíxose público que Netflix pagou máis de 450 millóns de dólares polos dereitos de dúas secuelas que serán escritas e dirixidas por Johnson, con Craig retomando o seu papel como o detective Benoit Blanc. A rodaxe de O misterio de Glass Onion: Puñais polas costas comezou en xuño de 2021.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Nados en Cheshire Categoría:Nados en 1968 Categoría:Modelos masculinos de Inglaterra