María Teresa Barro Muñoz-Ortiz, nada na Coruña o 8 de marzo de 1936, é unha tradutora e escritora galega.

Traxectoria Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e na de Madrid, licenciándose nesta última en Pedagoxía en 1960. En 1962 casou con Fernando Pérez-Barreiro Nolla, co que en 1964 se traslada a Londres, onde traballou como tradutora, residindo desde 2008 en Lancaster (Inglaterra). Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra e Sermos Galiza, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres.

Obra Ensaio Cartas a Rosalía, 1981, Ediciós do Castro. Introducción á Astroloxía, 1983, Xerais. Dentro e fóra, 2002.

Traducións Contos de Andersen, 1983, Ediciós do Castro. Alicia no país das marabillas, de Lewis Carroll, xunto con Fernando Pérez-Barreiro, Xerais. Premio Nacional de Tradución de Libros Infantís e Xuvenís. Alicia do outro lado do espello, Xerais. Fábulas de Esopo, 1997, Laiovento.

Obras colectivas No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Entrevista en Sermos Galiza o 26 de febreiro de 2018. Desde Albion para Galiza, blog da autora en galego Viento de marzo, blog en castelán

Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1936 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega