miniatura|Z - Número atómico O número atómico é o número enteiro positivo que designa o número de protóns que hai no núcleo dun átomo. Represéntase coa letra Z. Este número é característico de cada elemento químico e representa unha propiedade fundamental do átomo: a súa carga nuclear.

Nun átomo eléctricamente neutro (sen carga eléctrica neta), o número de electróns é igual ao de protóns. Así, o número atómico indica asemade o número de electróns dun átomo e define a súa configuración electrónica.

Historia En 1913 Henry Moseley demostrou a relación existente entre os valores das lonxitudes de onda dos raios X emitidos por diferentes elementos logo de ser bombardeados con electróns, e os números atómicos destes elementos . Este feito permitiu clasificar os elementos da táboa periódica por orde crecente do seu número atómico, tal como se utiliza na actualidade.

Lista de elementos químicos por número atómico Hidróxeno Helio Litio Berilio Boro Carbono Nitróxeno osíxeno Flúor Neon Sodio Magnesio Aluminio Silicio Fósforo Xofre Cloro Argon Potasio Calcio Escandio Titanio Vanadio Cromo Manganeso Ferro Cobalto Níquel Cobre Zinc Galio Xermanio Arsénico Selenio Bromo Cripton Rubidio Estroncio Itrio Circonio Niobio Molibdeno Tecnecio Rutenio Rodio Paladio Prata Cadmio Indio Estaño Antimonio Telurio Iodo Xenon Cesio Bario Lantano Cerio Praseodimio Neodimio Promecio Samario Europio Gadolinio Terbio Disprosio Holmio Erbio Tulio Iterbio Lutecio Hafnio Tántalo Volframio Renio Osmio Iridio Platino Ouro Mercurio Talio Chumbo Bismuto Polonio Ástato Radon Francio Radio Actinio Torio Protactinio Uranio Neptunio Plutonio Americio Curio Berkelio Californio Einsteinio Fermio Mendelevio Nobelio Laurencio Rutherfordio Dubnio Seaborgio Bohrio Hassio Meitnerio Darmstadtio Roentgenio Copernicio Nihonio Flerovio Moscovio Livermorio Ténnesso Oganesson

Notas

Categoría:Magnitudes químicas Categoría:Átomos