O Estadio Benito Villamarín é un estadio de fútbol da cidade de Sevilla, España, onde xoga os seus partidos como local o Real Betis. É o segundo estadio en capacidade da cidade tras o Estadio de La Cartuja.

Leva o seu nome en honra do ourensán Benito Villamarín, un dos presidentes do club, segundo votación realizada polos abonados en outubro de 2010, en substitución do nome Manuel Ruiz de Lopera que levaba dende o ano 2000, recuperando así o seu nome orixinal.

Historia

O Sevilla Balompié, precursor do Real Betis Balompié xogaba inicialmente no Prado de San Sebastián. En 1920, comeza a xogar no campo do Real Patronato Obrero. A partir do 17 de marzo de 1929 comeza a xogar no Estadio de Heliópolis. Este é sucesivamente remodelado ata converterse no estadio actual. As máis importantes modificacións foron: A construción dos goles Norte e Sur no ano 1958. Posteriormente, volveuse a construír os goles Norte e Sur entre os anos 1971 e 1973. Construción da Tribuna de Beiril 1975. e construción da Tribuna de Fondo en 1979. A construción da Tribuna de Preferencia en 1981 e a construción do 1er Anfiteatro da bancada de preferencia en 1982. Queda o estadio, cunha capacidade de 45.000 espectadores, 27.000 deles sentados. Nel xóganse partidos do Mundial de España'82 e o famoso 12-1 de España a Malta que clasificou á selección española para a fase final da 1984.

Nova denominación O 16 de outubro de 2010, fixéronse públicos os resultados da votación realizada entre os abonados para determinar o novo nome do estadio. A participación foi do 30%. Unha minoría de 160 persoas votou por continuar co nome que levara os últimos anos Manuel Ruiz de Lopera. En cambio 6.107 (61,5%) optaron por que volvese á denominación anterior Benito Villamarín. A opción Heliópolis obtivo 2.786 votos (28%).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Futuro Estadio Benito Villamarín Sitio oficial do Real Betis Sitio con máis fotos e vídeo Imaxe do estadio Imaxes do estadio

Categoría:Real Betis Balompié Benito Villamarín Categoría:Deporte en Sevilla Benito Villamarín