Hermipe (en grego Ερμίππη) ou tamén coñecida coma , é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii dirixidos por Scott S. Sheppard o 9 de decembro de 2001 , recibindo a designación provisional de .IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio do 2002 (descubrimento)MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio do 2002 (descubrimento e efemérides)

Características Hermipe ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 21,182 millóns de km, tarda 629,809 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (149° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2290.

Recibiu oficialmente o seu nome actual en agosto do ano 2003, na mitoloxía grega, Hermipe era unha das amantes de Zeus (Xúpiter).IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus agosto do 2003 (bautizando a lúa)

Hermipe pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de km, con inclinacións duns 150°

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas

Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) New Jupiter Satellite Movie Images (imaxe)

Categoría:Lúas de Xúpiter