miniatura|Preparación robótica de mostras de espectrometría de masas MALDI nun cargador de mostra. A proteómica é o estudo a grande escala das proteínas, particularmente das súas estruturas e funcións. As proteínas son constituíntes vitais dos seres vivos, na medida en que son os principais compoñentes das vías metabólicas fisiolóxicas das células. O termo proteómica foi primeiramente utilizado en 1997 para estabelecer unha analoxía coa xenómica, o estudo dos xenes. A palabra "proteoma" é unha mestura de "proteína" e "xenoma", e foi empregada por Marc Wilkins en 1994 mentres este desenvolvía o concepto durante o seu estudo de doutoramento. O proteoma é o conxunto total de proteínas, incluíndo aquelas que conteñen modificacións. Este conxunto pode variar ao longo do tempo e de acordo con esixencias ou estreses específicos polos cales pasa unha célula ou organismo.
Notas
Categoría:Proteínas Categoría:Ómica