Algodonales é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No ano 2007 tiña 5.726 habitantes. A súa extensión superficial é de 135 km² e atópase situado a 118 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

As poboacións máis achegadas son Zahara de la Sierra, Olvera e La Muela. Emprázase na serra de Cádiz, concretamente na chamada Serra de Líjar, entre os ríos Guadalete e Guadalporcún e é a entrada norte do Parque Natural Serra de Grazalema.

A economía actual aséntase fundamentalmente na agricultura e no turismo rural e de aventura. É un destino coñecido para os practicantes de deportes de voo libre. Son famosos os seus artesáns fabricantes de guitarras. Tamén ten un reputado aceite de oliva.

Demografía Evolución da poboación desde 1900.

Véxase tamén Ligazóns externas

Algodonales - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía

Categoría:Concellos da provincia de Cádiz