Telxione (en grego antigo Θελξινόη), ou Xúpiter XLII, é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawai dirixidos por Scott S. Sheppard no 2003, e déuselle a designación provisional de S/2003 J 22.IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio de 2002 (descubrimento)MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio de 2002 (descubrimento e efemérides)
Telxione ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 20,454 millóns de km, tardando 597,607 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (153° respecto do ecuador de Xúpiter) e unha excentricidade de 0,2685.
Foi bautizado en marzo de 2005 coma Telxione, unha das catro Musas orixinais segundo algúns escritores gregos, tamén era filla de Zeus (Xúpiter) e Mnemósine.IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agosto de 2003 (asignación do nome do satélite)
Telxíone pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de km, con inclinacións duns 150°.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Categoría:Lúas de Xúpiter