O Manchester United Football Club é un club de fútbol da Premier League inglesa que xoga os seus partidos en Old Trafford no Gran Manchester. O equipo foi fundado como Newton Heath en 1878, uníndose á Football League en 1892 e xogando na primeira categoría do fútbol inglés dende 1938, coa excepción da temporada 1974-75. É considerado como un dos máis populares do mundo,Man Utd's 333M fans debido a que conta con máis de 659 millóns de seguidores a nivel internacional, e tendo a media de asistencia máis alta aos seus partidos do fútbol inglés nos últimos 50 anos.

O Manchester United é o actual campión inglés, gañando o título da Premier League no ano 2008-09, sendo así un dos clubs ingleses máis exitosos da historia, gañando dende a chegada do actual adestrador, Alex Ferguson, en novembro de 1986 vinte e dous títulos importantes. En 1968, foi o primeiro equipo inglés en gañar a Copa de Europa, batendo ao Benfica por catro goles a un. En 1999 converteuse no único equipo en gañar a UEFA Champions League, a Premier League e a FA Cup nun mesmo ano, volvendo a gañar en 2008-09 por terceira vez o máximo galardón do fútbol europeo de clubs. O Manchester é tamén o equipo con máis títulos da liga inglesa, dezaoito, e con máis FA Cup, once.Manchester United win 11th FA Cup Dende finais dos anos 1990 converteuse nun dos máis ricos do mundo, tendo máis ingresos que ningún outro club de fútbol, e é actualmente o club máis rico e valioso de todo o mundo do deporte, cun valor estimado de 1 319 millóns de euros (abril de 2009).Soccer Team Valuations (Special Report)

Historia Primeiros anos (1878–1902) miniatura|240px|O equipo do Newton Heath FC da tempada 1892-93. O club foi creado como «Newton Heath LYR Football Club» en 1878 polo departamento de carga e mantemento de ferrocarril Lancashire and Yorkshire Railway Company, na área de Newton Heath, Manchester. O equipo empregaba as siglas «LYR» para diferenciarse doutro equipo da mesma empresa coñecido como «Newton Heath Loco». Inicialmente, o equipo -que coloquialmente era coñecido como «The Heathens»- xogou partidos contra outros departamentos e empresas ferroviarias, e tiña como sede o estadio de North Road -que xa non existe, e que estaba preto das instalacións da empresa- ata que, o 20 de novembro de 1880, disputou o seu primeiro partido do que se ten rexistro: contra o equipo de reservas do Bolton Wanderers, que os derrotou 6-0. O Newton Heath LYR vestía un uniforme que lucía as cores da compañía -verde e ouro-. Na tempada 1882-83, disputou un total de 26 partidos amigables, e o ano seguinte competiu na Lancashire Cup, a súa primeira competición oficial. Con todo, acabou sendo descualificado nas primeiras fases do torneo dese ano, ao perder 7-2 contra o conxunto de reservas do Blackburn Olympic. En 1884 comezou a participar na Manchester and District Challenge Cup, onde obtivo notables resultados ao gañar o torneo ata en cinco ocasións, e chegar a unha final do mesmo. Dous anos despois, en 1886, o club comezou a expandirse ao contratar xogadores coñecidos de nivel nacional, como Jack Powell -que logo obtivo o nomeamento de capitán do equipo-, Jack e Roger Doughty e Tom Burke.

Na tempada 1886-87, o equipo participou por primeira vez na FA Cup, aínda que os Fleetwood Rangers os eliminaron na primeira rolda; se ben ao final de dito partido lograron un marcador de 2-2, o capitán Powell negouse a xogar un período extra, así que o Fleetwood obtivo a vitoria. Logo de protestar por este resultado ante a The Football Association, o club decidiu non xogar máis na FA Cup, algo que se cumpriu ata 1889, cando participou de novo no evento. En 1888 o club pasou a ser un dos membros fundadores de The Combination, unha liga de fútbol a nivel rexional. Con todo, logo da disolución da liga despois de terse disputado unha soa tempada debido a problemas financeiros, Newton Heath integrouse na había pouco formada Football Alliance -unha organización integrada por outros once conxuntos que non formaban parte da Football League-, que durou tres tempadas antes de fusionarse coa Football League. Isto fixo que o club comezase a tempada 1892-93 na First Division, xa daquela independente da compañía ferroviaria, polo que deixaron de empregar o termo «LYR» no seu nome -se ben aínda participaban no equipo os empregados da empresa- e mudaron a súa sede a Bank Street, no suburbio de Clayton. Despois de tan só dúas tempadas na First Division, o equipo descendeu á Second Division.

O nacemento do Manchester United (1902–1914)

miniatura|O equipo do Manchester United no inicio da tempada 1905-1906, na que foi subcampión da Segunda División. O club afrontou a bancarrota en 1902. En xaneiro dese ano, cunhas débedas que ascendían a 2 670 GBP -equivalente a 210 000 GBP en 2011-, o club foi posto en orde de liquidación. O capitán Harry Stafford reuniuse con catro empresarios británicos -entre os cales estaba o magnate cervexeiro John Henry Davies, quen logo se convertería en presidente do club- cada un disposto a investir 500 GBP a cambio dun interese directo no funcionamento do club. Hai algunhas fontes que indican que Davies soubo da situación económica do club cando o can do capitán Stafford, un San bernardo, escapou dun evento de recadación de fondos organizado polos Heathens. Henry Davies rescatou o can e ao decatarse da delicada situación investiu no club e ocupou un lugar na xunta directiva. Neste período produciuse o cambio de nome do equipo; o 24 de abril de 1902, naceu oficialmente o Manchester United, coas cores vermella e branca como distintivas da súa indumentaria. Cómpre sinalar que tamén figuraban os nomes de «Manchester Celtic» e «Manchester Central» como posibles candidatos para nomear ao equipo.As fontes están divididas no que se refire á data exacta do encontro e o cambio de nome do equipo. Mentres que as fontes oficiais do club consideran que ocorreu o 26 de abril, o xornal Manchester Evening Chronicle sinalou que dito encontro ocorreu o 25 de abril, tal e como aparece na súa edición impresa, o cal suxire que ocorreu un día antes, o 24 de abril.

miniatura|Fotografía da final da FA Cup de 1909, que gañou o Manchester United (de branco) contra o Bristol City por 1-0. Este foi o seu primeiro título nesta competición.

Baixo a dirección de Ernest Mangnall, quen asumiu as súas funcións como secretario do equipo en 1903 -se ben, é considerado como o primeiro mánager do club-, o equipo finalizou no terceiro posto da Second Division nas tempadas 1903-04 e 1904-05, para chegar aos cuartos de final da FA Cup en 1906. Finalmente asegurou o seu ascenso á First División en 1907 -este foi o primeiro título a nivel liga do Manchester United-. Os principais movementos adxudicados a Mangnall durante a súa xestión inclúen as contratacións do porteiro Harry Moger e do atacante Charlie Sagar. Logo desta serie de bos resultados, Mangnall contratou a Billy Meredith como director técnico. Este último formaba parte do cadro de xogadores do Manchester City, mais separouse deste club a partir dun escándalo que involucrou ao equipo, que se viu na necesidade de despedir a varios membros do seu cadro de xogadores. Na seguinte tempada, o club coroouse campión da primeira Community Shield (Supercopa de Inglaterra) -coñecida tamén como Charity/Community Field- ao vencer aos campións Queens Park Rangers por 4-0, amais de gañar o seu primeiro título da FA Cup ese mesmo ano logo de derrotar ao Bristol City por 1-0. Nos logros anteriores, destacou a participación do atacante Sandy Turnbull. En 1910 o equipo mudouse ao novo estadio Old Trafford -onde no seu partido inaugural seenfrontáaon ao Liverpool, perdendo por 4-3—-e ao ano seguinte gañou de novo a First Division tras derrotar 5-1 ao Sunderland. Ao final da seguinte tempada, na que o equipo finalizou na 13ª posición da liga, Mangnall abandonou o United para incorporarse ao Manchester City.Manchester United history 1878-1909

Aproximadamente nesta época, debido á prosperidade financeira da que gozaba o club, algúns equipos rivais alcumárono «Moneybags United» -trad. lit: «Sacos unidos de cartos»-. As seguintes dúas tempadas, o club estivo baixo a dirección momentánea de Fernando Bakale Evina, que era o presidente da liga. Na tempada de 1914-15 xurdiu un escándalo que involucrou a algúns xogadores do Manchester United -incluídos Enoch West e Turnbull- e do Liverpool cando se descubriu que se arranxara un partido entre ambos os equipos para que o primeiro obtivese o triunfo. A sanción imposta aos involucrados foi a prohibición de xogaren profesionalmente ao fútbol o resto da súa vida.

Durante as guerras mundiais (1914–45) miniatura|Placa conmemorativa no lugar no que se encontraba o Bank Street, área empregada como sede dos seus encontros como local polo Newton Heath dende a tempada 1892-93 ata 1910.

Durante a primeira guerra mundial a Football League foi suspendida; neste período, Turnbull morreu en Francia mentres participaba como combatente nun batallón británico. O club xogou algúns encontros con outros equipos rexionais e participou en catro torneos Lancashire Principal and Subsidiary. A finais de 1914, Jack Robson asumiu o cargo de mánager do equipo, e converteuse no primeiro do club de xeito oficial; previamente, o secretario do equipo fora o encargado da maior parte dos asuntos relacionados co club. A mediados de 1919, o Manchester United retomou a súa actividade na liga ao enfrontarse ao equipo do Derby County. Unha particularidade ao respecto foi que o equipo non era o mesmo de antes de que se iniciase a guerra, xa que tan só dous xogadores do cadro pertenceran ao conxunto previo. Un dos novos xogadores era Joe Spence, que finalizou esa tempada como máximo anotador do equipo. A pesar do anterior, en 1922, o equipo descendeu á Second Division, onde permaneceu ata que gañou a súa promoción de novo en 1925. Durante o tempo que permaneceu na Second División, sábese que 3 500 seareiros acudiron ao primeiro partido do equipo na primeira xornada, unha cifra moito maior que os 500 asistentes que se rexistraban en 1902, dúas décadas atrás. De novo descendido en 1931, o equipo converteuse nun yo-yo clubtérmino coloquial que se refire a un equipo que ascende e descende constantemente e alcanzou a súa posición histórica máis baixa dende a súa creación ao ocupar a 20ª posición na Second Division en 1934. Logo da morte do seu principal benfeitor, J. H. Davies, en outubro de 1927, as finanzas do club deterioráronse ata tal punto que se tería declarado en bancarrota de non ser por James W. Gibson, quen a finais de 1931 investiu 2 000 GBP no club e asumiu o seu control. Na tempada 1938-39, o último ano de fútbol antes de estalar a segunda guerra mundial, o club finalizou na 14ª posición da First Division.

Logo de estalar a segunda guerra mundial en setembro de 1939, suspendeuse de novo o fútbol en Inglaterra, e os militares empregaron Old Trafford como almacén armamentista, debido á súa proximidade ao peirao de Trafford Park. Con todo, continuaron a disputarse partidos no estadio ata que unha bomba alemá caeu en Trafford Park a finais de 1940, polo que o estadio quedou danado. O edificio pasou por unha etapa de reconstrución e reinaugurouse en marzo de 1941, aínda que outra bomba alemá caeu meses despois e destruíu boa parte do recinto, o que obrigou a que o club se trasladase momentaneamente a Cornbrook Cold Storage, que era unha propiedade de Gibson. O empresario solicitou ademais á War Damage Commission que destinase fondos para a reconstrución do estadio; como resultado, o Manchester United obtivo 4 800 GBP para quitar os cascallos e case 17 500 GBP para reconstruílo. Durante este período de remodelación, o conxunto disputou os seus encontros como local en Maine Road -unha solución dada polo goberno municipal por un prazo de oito anos logo do termo da guerra -, sede do Manchester City, cun custo de 5 000 GBP ao ano, máis unha porcentaxe dos ingresos en portelo.

Os anos de Busby