Danube Planum é unha planicie con rifts na superficie de Ío, a lúa de Xúpiter. Está situado no hemisferio de vangarda de Ío, nas coordenadas 22,73° S 257,44° O. A planicie ten uns 244 km de diámetro medio e 5,5 km de altitude. A planicie está seccionada polo medio por un canón de ten unha anchura de entre 15 a 25 km, divide así a planicie montañosa en dúas metades, a este e a oeste con varios bloques adicionais cara ao sur do canón. A marxe exterior da planicie está remarcada por escarpas de altitudes que varían entre os 2,6 ós 3,4 km de altitude. Son visibles grandes masas de material depositadas ó longo da marxe occidental da planicie. Son visibles tamén dous paterae, un ó sur e outro no norte da planicie. O volcán que está no extremo norte, Pele, é un dos máis activos de Ío. Unha das fallas que forman Danubio Planum podería funcionar coma un canal de escoamento para o magma que sae do volcán Pele.
En 1985, a Unión Astronómica Internacional asignoulle o nome do río Danubio, un dos numerosos lugares por onde a mitolóxica Ío tivo que vagar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Planum Ío
Categoría:Ío Categoría:Plana