Tupan Patera é un patera ou cráter volcánico da superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está situado no hemisferio oculto de Ío, nas coordenadas 18,73° N 141,13° O. Tupan é un cráter volcánico ou máis coñecido coma patera, un tipo de cráter volcánico semellante a unha caldeira, con 79 de diámetro medio e cunha profundidade duns 900 m. O volcán foi visto por primeira vez en imaxes de baixa resolución polas sondas Voyager no ano 1979, pero non foi detectada actividade volcánica ata a chegada da sonda Galileo. Despois desta primeira detección, virían máis observacións e deteccións máis precisas por parte da propia Galileo, este volcán recibiría oficialmente o nome de Tupan Patera no ano 1997 por parte da Unión Astronómica Internacional, na mitoloxía Tupí-Guaraní, Tupan era o deus do trono.
As observación adicionais da sonda Galileo co seu espectrómetro de mapeo no infravermello (NIMS) entre os anos 1996 e 2001 revelaron que Tupan é un volcán decote activo, visible na meirande parte da observación feitas con NIMS do hemisferio oculto de Io. A Galileo tomou imaxes en cor de alta resolución e tamén no espectro próximo ó infravermello de Tupan Patera durante o seu encontro do 16 de outubro do 2001. Estes datos revelaron lava de silicatos escura e morna, tanto no leste coma no oeste do chan do patera, con illas de material brillante e frío no centro. Tamén foi observado material de cor tirando a vermella ó longo das marxes da illa brillante, así coma en brillantes planicies ó sueste do volcán. Isto é indicativo dunha pequena cadea do sulfuro emitido a través dos respiradoiros do chan do patera pola recente actividade volcánica. A illa é máis ben unha enorme laxa, a cal esta perfilada con material escuro varado. Esta liña de material escuro pode se-lo resultado da lava que rechea o chan do patera, cando esta perde o gas ó ir arrefriando ou cando a lava volve a afundirse na cámara de magma. Alternativamente, a liña de material varado pode ser creada pola acción volcánica limitada ó longo dos bordos do patera. A mestura de materiais escuros e materiais laranxas-vermellos na parte occidental do volcán pode ser debido ó resultado da fusión do sulfuro procedente da illa central e da parede do patera, que cubrirían o material escuro desta área. Esta teoría está apoiada nas temperaturas máis frías detectadas na parte occidental de Tupan, suficientemente frías para soporta-la fusión e solidificación do sulfuro, comparativamente coa moito máis escura parte oriental. A morfoloxía de Tupan Patera podería ser concordante co que acontece cunha laxa que se está a exhumar a si mesma.
Despois do último sobrevoo da sonda Galileo sobre Ío en xaneiro do ano 2002, Tupan permaneceu activo, isto foi detectado nas emisións termais do volcán vistas a través do telescopio terrestre Keck e pola sonda New Horizons. Un grande erupción en Tupan foi detectada por astrónomos usando o telescopio de 10 m. con óptica adaptativa do observatorio Keck o 8 de marzo do 2003.Conferencia : Volcanic Activity of Io Monitored with Keck-10m AO in 2003-2004, por F. Marchis e o seu equipo, San Francisco, California (2004), editada dentro do libro :American Geophysical Union, Fall Meeting. A parte destas erupción, deuse máis actividade en Tupan durante a misión Galileo e que persistiría con posterioridade, tendo variacións episódicas na intensidade dentro do chan do patera, de xeito semellante, aínda que con niveis de enerxía máis baixo, a Loki Patera.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Patera Ío Vulcanismo en Ío
Categoría:Ío Categoría:Paterae