Hatikvah (do hebreo:הַתִּקְוָה,Esperanza), é o nome do himno nacional de Israel. A letra foi escrita en 1878 por Naftali Herz, poeta polaco. En 1948, co recoñecemento internacional do Estado de Israel o Hatikvah foi declarado himno nacional. A melodía esta baseada no mesmo tema musical que o Vltava, poema sinfónico do compositor checo Smetana.
Historia Antes da fundación do Estado de Israel O goberno do Mandato británico de Palestina prohibiu temporalmente a súa interpretación e retransmisión desde 1919, en resposta ao aumento da actividade política anti-sionista árabe. (en inglés).
Un antigo membro do Sonderkommando informou que un grupo de xudeus checos comezaron a cantar a canción de xeito espontáneo á entrada da cámara de gas de Auschwitz-Birkenau en 1944. Mentres cantaban, foron golpeados polos gardas das Waffen SS..
Adopción como himno nacional Cando se declarou a independencia do Estado de Israel en 1948, o Hatikvah foi proclamado de xeito non oficial o himno nacional. Non pasou a selo de xeito oficial ata novembro de 2004, cando unha versión abreviada e editada foi aprobada polo Knesset nunha emenda da Lei da Bandeira e do Escudo.
Na súa versión moderna, o texto do himno incorpora unicamente a primeira estrofa do poema orixinal. O tema predominante no resto de estrofas é o establecemento dun estado soberano na Terra de Israel, un fin que xa se cumprira coa fundación do Estado de Israel.
Letra 200px|dereita כל עוד בלבב פנימה נפש יהודי הומיה, ולפאתי מזרח קדימה עין לציון צופיה -
עוד לא אבדה תקותנו, התקוה בת שנות אלפים, להיות עם חופשי בארצנו ארץ ציון וירושלים.Kol od balevav P'nimah - Nefesh Yehudi homiyah Ulfa'atey mizrach kadimah Ayin l'tzion tzofiyah.
Od lo avdah tikvatenu Hatikvah bat shnot alpayim: Li'hyot am chofshi b'artzenu - Eretz Tzion v'Yerushalayim.
Tradución ó galego
Mentres no profundo do corazón
a alma dun xudeu anhele
cos seus ollos ó leste
ollando cara Sión,
a nosa esperanza non estará perdida,
a esperanza de hai dous mil anos:
de ser un pobo ceibe na nosa terra,
a terra de Sión e de Xerusalén.
Música A melodía do Hatikvah deriva de La Mantovana, unha canción italiana do século XVI, composta por Giuseppe Cenci (Giuseppino del Biado) co texto "Fuggi, fuggi, fuggi da questo cielo". A melodía gañou recoñecemento en Europa con varios títulos diferentes, como o polaco Pod Krakowem, o romanés Cucuruz cu frunza-n sus, ou o ucraíno Kateryna Kucheryava.. Foi utilizado polo compositor checo Bedřich Smetana no seu poema sinfónico celebrando a Bohemia, Má vlast, como Vltava (tamén baixo o título alemán Die Moldau).
A adaptación da música do Hatikvah realizouna Samuel Cohen en 1888. Cohen diría anos despois que a melodía baseábase nunha canción que escoitara en Romanía.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Yerushalayim Shel Zahav Ligazóns externas Himno Nacional de Israel - Youtube
Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos de Israel