Cando partín unha mañá de verán (As I Walked Out One Midsummer Morning), publicado en 1969, é o segundo volume da autobiografía do escritor inglés Laurie Lee, que se desenvolve parcialmente en Galicia. Foi traducido ao galego por María Fe González e publicada por Editorial Trifolium en 2011Ficha da obra en LG3..
Contexto O libro, publicado en 1969 pola editorial británica Andre Deutsch, é o segundo volume da autobiografía de Lee, precedido por Cider with Rosie, de 1959, e continuado por A Moment of War, publicado en 1991. A primeira parte narra a infancia e adolescencia de Lee nunha pequena aldea do condado de Gloucester, e a terceira a súa implicación na Guerra Civil española como membro das Brigadas Internacionais (1937-39).
Estrutura A obra componse de once capítulos e mais un epílogo: London Road, onde narra a súa marcha da aldea de Slad en 1933 e a súa chegada a Londres. Neste capítulo visita Wiltshire, Salisbury, Southampton, Gosport, Chichester, Bognor Regis, Littlehampton, Godalming, Guildford, Bagshot e Ascot. London, onde describe a súa estadía en varias pensións da cidade e os seus primeiros traballos nesta cidade. Into Spain, onde describe dende a súa partida de Inglaterra ata a chegada a Zamora a través de Galicia (1935). Zamora - Toro, onde vai dende a capital zamorana ata a vila de Toro, e a súa estadía alí. Valladolid, onde conta a súa experiencia nesta cidade vivindo nunha fonda. Segovia - Madrid, onde chega a Segovia, La Granja, e cruza a serra de Guadarrama para acadar Madrid. Menciona o paso polas vilas de Cuéllar, Shulomonon (probablemente Sanchonuño) e Naval de Oro (Navas de Oro). Toledo. Na súa estadía nesta cidade coñece o escritor surafricano Roy Campbell, que estaba instalado alí. To the Sea. Cruza a metade sur de España visitando Valdepeñas, Andújar, Pedro Abad, Sevilla e Cádiz. East to Malaga. Prosegue o camiño cara ao leste, e pasa por Tarifa, Alxeciras, Xibraltar (onde é apresado polas autoridades británicas), San Roque, Estepona, Marbella e finalmente Málaga. Castillo, capítulo centrado na súa vida en Castillo (Almuñécar), onde traba relación con grupos comunistas. War, onde describe o comezo da guerra en Almuñécar e o seu rescate por un buque de guerra británico con base en Xibraltar. Epilogue, onde xa en Inglaterra describe a súa situación e a rabia que sente por deixar España no comezo da Guerra. Deixa Londres por Perpiñán e cruza os Pireneos por Céret para incorporarse ás Brigadas Internacionais.
En Galicia Aínda que non se precisa exactamente a data, Lee chegou a Galicia na primavera de 1935, nun barco procedente de Inglaterra que chegou ao porto de Vigo pouco antes do amencerLee, Laurie. As I Walked Out One Midsummer Morning, London:Andre Deutsch, 1969, p. 59-60. Dedica ese día a coñecer a cidade, e sobe a durmir a un dos montes que arrodean Vigo, onde é atacado por lobos. A partir de aí colle un camiño en dirección sueste, apartado da estrada, e con dirección a Zamora. Dorme varios días no monte, mais nunha ocasión chega a unha vila, que non identifica, onde se atopaba unha Posada de Nuestra Señora. Alí toma unha prolongada ceaLee, Laurie. As I Walked Out One Midsummer Morning, London:Andre Deutsch, 1969, p. 66-67 e fai noite. A partir de aí menciona saír dos outeiros de Galicia e chegar aos montes de León, por onde proseguirá en dirección sur ata Zamora.
En comparación con outras zonas do seu percorrido, o periplo de Lee por Galicia carece de referencias espaciais e temporais.
Notas
Categoría:Autobiografías Categoría:Libros de viaxes Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1969 Categoría:Libros de viaxes sobre Galicia Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego