Reiden Patera é un accidente xeolóxico volcánico da superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Foi visto por primeira (de preto) vez pola sonda Galileo mentres daba a primeira órbita ó redor de Xúpiter, e inicialmente detectou un punto quente. Pénsase que a súa actividade parou ou languideceu por debaixo da capacidade de detección do instrumental da sonda Galileo (SSI e NIMS). Aínda que dende o ano 2002 téñense novas de que Reiden Patera tornouse moito máis escuro a partir da 24ª órbita de Galileo. Ten tamén cuspido depósitos piroclásticos dun brillante vermello. Ten aproximadamente 70 kms de diámetro e está situado a 13,4° S 235,45° O. O nome de Reiden provén da mitoloxía xaponesa, onde Reiden era o espírito do trono, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979. Asha Patera pode ser atopado cara ao leste e Kami-Nari Patera cara ao norte.NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Patera Ío
Categoría:Ío Categoría:Paterae