Monan Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 113 km de diámetro e está situado a 19,72° N 105,39° O. O nome de Monan provén da mitoloxía brasileira, onde Monan era un deus que destruíu o mundo con lume e inundación. A Unión Astronómica Internacional aprobou o nome en 1997.

Monan Patera ten unha depresión en forma de verme bastante peculiar ó norte dos contrafortes da alongada montaña Monan Mons, ó sur da cal está Ah Peku Patera. Ó leste está o centro eruptivo de Amirani, e o norte está Skythia Mons. Cara ao leste está Gish Bar Patera, Gish Bar Mons, e Estan Patera.NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007. Monan Patera ten unhas marxes norte e sur moi semellantes que indican que podería terse formado coma unha cunca e que despois sería recuberta de lava.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Patera Ío

Categoría:Ío Categoría:Paterae