Xosé Luís de Dios Martínez, nado en Ourense o 3 de febreiro de 1943 e finado o 2 de agosto de 2010 en TuiA arte galega fica sen a ollada emocional e poética do pintor Xosé Luís de Dios , El Correo Gallego, 3/8/10, foi un pintor galego.
Traxectoria Participou da creación do grupo artístico Volter, ao redor do café homónimo en Ourense, e do que tamén formaron parte Xaime Quessada e Acisclo Manzano. Realizou a súa primeira exposición en 1963. Comezou co debuxo, para pasar posteriormente ao cartelismo e a publicidade. Realizou exposicións por toda Galicia, Madrid (cidade onde viviu moitos anos), Barcelona, Buenos Aires, Cidade de México ou Río de Xaneiro. As obras caracterízanse polas cores vivas e un elevado grao de abstracción. A súa última exposición tivo lugar en 2008. Os últimos anos da súa vida pasounos en Tui.
Persoal Era irmán do compositor Manuel de Dios. Faleceu dun aneurisma.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes