Alan Walbridge Ladd, nado o 3 de setembro de 1913 e finado o 29 de xaneiro de 1964, foi un actor estadounidense de cine negro, cine bélico e western. Fíxose célebre polo seu talante pouco expresivo en escena e por ser máis ben de pouca estatura (arredor de 1,65 m). Na maioría das películas que protagonizou representou ou ben o típico heroe americano ou algún malvado non exento de principios. Ás veces aparecía como "Allan Ladd" nos créditos.
Traxectoria Ladd naceu en Hot Springs, Arcansas, fillo de inmigrantes ingleses. Nos inicios da súa carreira facía pequenos papeis no cine, como o de periodista en Cidadán Kane, de Orson Welles (1941). No ano seguinte adquiriu grande notoriedade polo seu personaxe de asasino sensible en This gun for hire, xunto a Veronica Lake. Ao ser dita actriz tamén miúda, os estudos reuniron á parella noutras producións populares, como The Glass Key, The Blue Dahlia e Saigon.
A Ladd chegoulle o estrelato polo seu papel de pistoleiro entrañable no western clásico Raíces profundas (1953), con Jean Arthur e Van Heflin. Ladd foi escolleito 3 veces na lista Quigley 10 de estrelas do ano (anos 1947, 1953 e 1954). En 1954 protagonizou canda Peter Cushing, Patrick Troughton e outros veteranos actores británicos, a película de dita nacionalidade O cabaleiro negro, facendo, cousa rara nel, de cabaleiro medieval farfallán.
Ladd traballou tamén na radio, ma serie Box 13. Esta serie funcionou de 1948 a 1949 e foi producida pola propia compañía do actor, Mayfair Productions.
Alan Ladd estivo casado coa ex actriz de cine mudo Sue Carol, que era tamén a súa representante. A actriz Jordania Ladd é neta súa. Ladd tivera un fillo, Alan Ladd, Jr., coa súa primeira esposa, Midge Harrold; Alan Ladd Jr. fíxose executivo e produtor cinematográfico, fundando a Ladd Company. Outro fillo do actor, David Ladd, casou coa actriz protagonista da serie Charlie's Angels, Cheryl Ladd.
Alan Ladd morreu en Palm Springs (California), dunha sobredose de alcol e barbitúricos, en 1964, no que se considerou un probable suicidio. Foi inhumado no Forest Lawn Memorial Park Cemetery, de Glendale, no condado dos Ánxeles.
Filmografía Alan Ladd en The Man in the Net|miniatura The Carpetbaggers, como Nevada Smith – 1964 (último filme) 13 West Street, como Walt Sherill – 1962 Orazi e curiazi, Horatius – 1961 One Foot in Hell, Mitch – 1960 All the Young Men, Kincaid – 1960 Guns of the Timberland, Jim Hadley – 1960 The Man in the Net, John Hamilton -1959 Arizona, prisión federal, Peter Van Hoek – 1958 O rebelde orgulloso, John Chandler – 1958 The Deep Six, Alec Austen – 1958 A serea e o delfín, Dr. James Calder – 1957 The Big Land, Chad Morgan – 1957 A Cry in the Night- 1956 Santiago, Cash Adams – 1956 The McConnell Story, Capt. Joseph C. McConnell, Jr. – 1955 Hell on Frisco Bay, Steve Rollins – 1955 Drum Beat, Johnny MacKay – 1954 O cabaleiro negro, John – 1954 Saskatchewan, O’Rourke – 1954 Hell Below Zero, Duncan Craig – 1954 The Red Beret – 1953 Raíces profundas – 1953 Desert Legion, Paul Lartal – 1953 Botany Bay, Hugh Tallant – 1953 Thunder in the East, Steve Gibbs – 1952 The Iron Mistress, Jim Bowie – 1952 Red Mountain, Capt. Brett Sherwood – 1951 Appointment with Danger, Al Goddard – 1951 Branded, Choya – 1950 Captain Carey, U.S.A., Webster Carey – 1950 Chicago Deadline, Ed Adams – 1949 The Great Gatsby, Jay Gatsby – 1949 Eyes of Hollywood – 1949 Smith o silandeiro, Luke Smith – 1948 Beyond Glory, Capt. Rockwell Gilman – 1948 Saigon, Maj. Larry Briggs – 1948 Wild Harvest, Joe Madigan – 1947 Calcutta, Neale Gordon – 1947 Morena e perigosa, Sam McCloud – 1947 O.S.S., Philip Masson/John Martin – 1946 The Blue Dahlia, Johnny Morrison – 1946 Two Years Before the Mast, Charles Stewart – 1946 Salty O'Rourke, Salty O’Rourke – 1945 And Now Tomorrow, Doctor Merek Vance – 1944 China, Mr. Jones – 1943 Letter from a Friend – 1943 Lucky Jordan, Lucky Jordan – 1942 The Glass Key, Ed Beaumont – 1942 This Gun for Hire, Philip Raven – 1942 Joan of Paris, Baby – 1942 Military Training – 1941 Cadet Girl – 1941 Great Guns – 1941 They Met in Bombay – 1941 The Reluctant Dragon – 1941 Paper Bullets – 1941 The Black Cat, Richard Hartley – 1941 Cidadán Kane – 1941 Petticoat Politics, – 1941 I Look at You – 1941 Her First Romance, John Gilman – 1940 Victory, Heyst aos 18 amos – 1940 Meet the Missus, novio da novia de Higgins - 1940 Captain Caution, Newton – 1940 The Howards of Virginia, veciño – 1940 Wildcat Bus – 1940 Those Were the Days!, Keg Rearick – 1940 Cross-Country Romance, Mr. Williams – 1940 Gangs of Chicago – 1940 In Old Missouri, fillo do propietario – 1940 The Light of Western Stars, Danny – 1940 Brother Rat and a Baby, cadete – 1940 The Green Hornet, Gilpin – 1940 American Portrait, novo/vello – 1940 Blame It on Love – 1940 Meat and Romance, Bill – 1940 Unfinished Rainbows, Charles Martin hall – 1940 Rulers of the Sea, Colin Farrell – 1939 Hitler - Beast of Berlin, el mesmo – 1939 The Mysterious Miss X, Henchman – 1939 Freshman Year, estudante – 1938 Come On, Leathernecks!, camareiro – 1938 The Goldwyn Follies, cantante – 1938 Hold 'Em Navy, oficial de mariña – 1937 All Over Town, mozo – 1937 Souls at Sea, mariñeiro – 1937 The Last Train from Madrid, soldado – 1937 Pigskin Parade, Student – 1936 Saturday's Millions, estudante – 1933 Island of Lost Souls – 1933 Once in a Lifetime, – 1932 Tom Brown of Culver – 1932
Véxase tamén
Ligazóns externas Official website Film Night Tribute Photos with Veronica Lake
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Garland Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa