O cráter de impacto Pwyll (toma o seu nome de Pwyll, procedente da mitoloxía celta) é posiblemente un dos accidentes xeolóxicos máis recentes da superficie da lúa do planeta Xúpiter, Europa.
A rexión escura central de Pwyll é duns 45 kms de diámetro, os raios brancos brillantes son os restos do material expulsado polo impacto, está área entendese centos de quilómetros. Estes restos cobren claramente toda a superficie e os accidentes xeolóxicos que posiblemente existían nesa zona antes do impacto -o cal indica que o cráter é moito máis novo que calquera dos accidentes xeolóxicos da veciñanza. A brillante cor branca suxire a presenza de partículas de xeo de auga. A instrumentación da sonda Galileo revelaron substanciais evidencias de auga líquida baixo a superficie xeada de Europa. Se Europa ten un océano baixo a superficie, este podería conter vida.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Conamara Chaos
Ligazóns externas Planetary Photojournal image page more images
Categoría:Cráteres Categoría:Europa (lúa)