This Heat foi unha banda inglesa de rock experimental formado a principios de 1976 no distrito londiniense de Camberwell polos multiinstrumemtistas Charles Bullen (guitarra, clarinete, viola, voces), Charles Hayward (batería, teclado, voces) e Gareth Williams (teclados, guitarra, baixo, voces).

This Heat estivo activa durante a ascendencia do rock progresivo e o punk rock británico, pero mantívose separado desas escenas debido a un enfoque radicalmente inventivo que tocou diversos estilos e xéneros. O seu éxito comercial foi limitado, pero This Heat son amplamente considerados como un elo perdido entre o rock progresivo (especialmente o Krautrock) e xéneros experimentais coma o post-punk, a música industrial, o post-rock e o noise rock.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo This Heat 1979 Piano Deceit 1981 Rough Trade Records

EPs Álbum Ano Selo Health and Efficiency 1980 Piano The Peel Sessions 1988 Strange Fruit

Outros Álbum Ano Selo This Heat with Mario Boyer Diekuuroh 1982 Tago Mago Repeat 1993 These Records Made Available: John Peel Sessions 1996 These Records Out of Cold Storage 2006 This Is

Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais formados en 1976